Tuesday 30 de April de 2024

Laxe abre as votacións para os seus concursos ‘Escaparetes entrodeiros e namoradeiros’ e para o ‘Dillo ben bonito’


• Os gañadores serán elixidos a través do perfil do Facebook municipal e mediante o servizo de mensaxería NovasLaxe

O Concello de Laxe abre o prazo para participar nas votacións dos concursos de ‘Escaparates entrodeiros’, ‘Escaparates namoradeiros’ e para o ‘Dillo ben bonito’. Os certames, impulsados con motivo das festas, conseguiron unha alta taxa de participación consolidando a súa influencia un ano máis.

Por unha banda, as imaxes dos escaparates participantes xa están publicadas no Facebook municipal, polo que os usuarios e usuarias poderán votar aos gañadores a través do botón ‘Me encanta’ ou mediante o servizo de mensaxería instantánea NovasLaxe. O proceso de votación concluirá o día 16 de febreiro, momento no que procederase á recompilación dos votos.

O día 19 de febreiro daranse a coñecer os gañadores dos certames, que teñen como obxecto fomentar e poñer en valor a creatividade dos establecementos e da veciñanza.

No caso do ‘Dillo ben bonito’, o período de votación estará aberto ata o 16 de febreiro. Neste certame haberá nove dedicatorias premiadas que poderán gozar de aloxamentos con almorzo para dúas persoas.